1. Non se permite a entrada nos apartamentos nin área de piscina a persoas non rexistradas como hóspedes do establecemento.

2. Non se permite a entrada ao establecemento de animais de compaña.

3. Non se permite a realización de lumes.

4. Non se permiten os xogos de pelota nin aquelas outras actividades que poidan amolar a outros hóspedes.

5. Dende as dez da noite ata as nove da mañá non se efectuarán ruídos que poidan perturbar o descanso doutros hóspedes.

6. Os apartamentos serán desaloxados antes das once do día de saída.

7. Os hóspedes deberán aboar un depósito de 200 euros á chegada para cubrir os posíbeis danos que poidan ocasionarse. Este depósito reembolsaráse completamente ao realizar o rexistro de saída e está suxeito a una inspección por parte do aloxamento para valorar se houbo algún dano.